TAREA 3: OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

 A VIDA DOS ELECTRODOMÉSTICOS

A obsolescencia programada é a vida útil que lle da unha fábrica ou empresa a un produto, cando pase este período de vida útil o produto se volverá obsoleto, inútil, comeza a ter averías ou erros e deixa de ser rendible amañalo,e é mellor mercar un novo.

Isto creouse para que o consumidor se vira obrigado a adquirir un produto novo igual ou similar ó que se lle estraga. A maioría dos produtos están “programados para morrer” e moitas veces cando estos dispositivos morren é máis económico adquirir un novo que reparalo. 

A obsolescencia programada asegura unha gran demanda, polo tanto as empresas teñen máis beneficios e unha continua oferta. Isto inflúe no desenrolo da economía xa que nos obriga a entrar nun ciclo sen fin de consumo e desperdicio.

Según a ONU, xeramos uns 50 millóns de toneladas ao ano que acaban; moitos deles; en vertedeiros de países en desen rolo.  
Agbogbloshie é un barrio da cidade Accra, Ghana, e é un claro caso deste problema, o cal converteuse nun verteidero para chatarra electrónica procedente de Europa e Norteamérica, considerado o maior de todo o mundo.

Outros tipos de obsolescencia:

Obsolescencia de desexo.

Ocorre cando o produto, aínda sendo completamente funcional, deixa de ser desexado por cuestións de moda ou estilo, e se lle asignan valores que disminúen o seu desexo de compra e animan a sustitución. 


Obsolescencia psicolóxica 

Un gran número de electrodomésticos, especialmente os que se coñecen como PAE (Pequeno Aparato Electrodoméstico), non duran tanto como no pasado. Ademáis os fabricantes promoven novos produtos en función da moda e el luxo, facendo que os modelos anteriores non sexan atractivos.

 Na miña opinión isto, por unha parte, debería estar prohibido xa que fai que a xente tire cousas que aínda se poden utilizar e produza máis contaminación, pois é a empresa fabricante a que decide cando cambiamos o producto, e non as nosas necesidades, pero por outra parte é bon que exista xa que da traballo a máis xente é mellora a economía do país aínda que sempre sen pasarse dos límites, é dicir, sen chegar a onde estamos agora mesmo xa que estrágase moito máis do realmente necesario.  

Na obsolescencia de desexo e psicolóxica paréceme que caemos todos nós, ou un amplio porcentaxe, por exemplo cando sáe  un mobil novo, o queremos ainda que o noso siga funcionando e isto pasa porque os fabricantes esfórzanse en producir estos desexos en nós e porque aíńda sen pensarlo sempre vamos a querer ter e ser o mellor.

Comentarios